A Xunta entrega ós concellos da provincia 53.200 unidades de protección nos primeiros días de reparto

27 Marzo 2020

A Xunta, a través da delegación territorial da Coruña, puxo a disposición dos concellos da provincia da Coruña nos primeiros días de reparto 8.000
mascarillas, 42.200 guantes e 3.000 traxes de protección.
Ademais, desde a Delegación continúase coa actuación do Servizo de Defensa Contra Incendios para levar a cabo a desinfección dos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde.
Desde a delegación territorial continuarase facendo distribución de material de protección nos próximos días a medida que o material vaia chegando.
Entre os cometidos do Posto de Mando Avanzado está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación coa FEGAMP que xa conta cun formulario na súa web para recoller esa información. Ademais, actúa como un punto de información para os concellos.

Entrega ós concellos da provincia de material da Xunta

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.