A Senda Litoral de Galicia percorrerá a costa desde Ribadeo ata a ponte da Amizade de Tomiño

06 Marzo 2020
Cedida

Rianxo acolleu esta mañá a presentación oficial do proxecto Senda Litoral de Galicia -Senda dos Faros- iniciando así un amplo calendario de eventos en diversas localidades do litoral galego, incluíndo obradoiros, encontros con axentes territoriais e itinerarios interpretativos.

Trátase dun itinerario de interese paisaxístico contemplado nos instrumentos de ordenación do territorio de Galicia para fomentar o descubrimento de todo o litoral, poñer en valor os recursos territoriais e a lectura das paisaxes que se van percorrendo. Búscase, ademais, a conexión con outras rutas alternativas que ofrezan un rico patrimonio cultural e etnográfico.

Para o desenvolvemento deste proxecto asinouse un convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), o Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Galicia Sustentable.

A súa aspiración é xerar un modelo de xestión integrado que leve a unha maior identificación da cidadanía residente coa Senda dos Faros e, así, que poida contribuír a unha estratexia de sustentabilidade. No programa de actuacións e actividades contémplase un proceso de participación pública executado pola consultora Territorio Raso. Esta fase contará cos principais axentes do territorio para a identificación de problemas -respecto ao trazado proposto e á xestión existente-, a concreción de obxectivos e a definición de medidas e accións.

O percorrido da Senda dos Faros, que contará cun total de 1315 quilómetros repartidos en 56 etapas, fundaméntase nos valores ambientais e paisaxísticos, entendidos como unha oportunidade para o desenvolvemento sostible. A proposta procura a posta en valor da costa galega establecendo contacto entre a cidadanía e a franxa litoral a través das diversas etapas que configuran o percorrido.

A Senda dos Faros como itinerario de interese paisaxístico desenvólvese en coherencia coa natureza e as funcións que lle outorgan as Directrices de Ordenación do Territorio e o Plan de ordenación do litoral (POL), a través da accesibilidade á transmisión dos valores patrimoniais no ámbito de influenza da Senda dos Faros, mediante un modelo baseado no fomento do coñecemento e o coidado da identidade propia coma camiño cara un desenvolvemento sustentable do territorio.

Outros artigos

O Araño acolle o 13 de marzo un obradoiro de primeiros auxilios

O Centro Cultural da Capela (A Araño) acolle o vindeiro venres 13 de marzo un obradoiro gratuíto sobre primeiros auxilios. Trátase dunha actividade formativa dirixida a toda a cidadanía en xeral e voluntarios de atención sociosanitaria. O obxectivo do obradoiro é...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.