A ribeirense Gala do Deporte 2020 celebrarase en abril

09 Marzo 2020

O Concello de Ribeira vén de dar a coñecer as bases da Gala do Deporte 2020, a cal se celebrará no Auditorio municipal en data a decidir no mes de abril. Os premios e recoñecementos que se outorguen axustaranse aos apartados de Mellor Deportista Feminina, Mellor Deportista Masculino, Mellor Deportista con discapacidade, Mellor Deportista Feminina Sub-18, Mellor Deportista Masculino Sub-18, o labor técnico, equipo de competición destacado, Mellor Club e mencións especiais. Valoraranse os resultados e méritos deportivos obtidos durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

As candidaturas das seis primeiras categorías referidas anteriormente deberán ser naturais de Ribeira ou con residencia legal no municipio con data anterior ao 1 de xaneiro de 2015. Os clubs, calquera cidadán, institución ou asociación poderán propoñer a unha ou varias persoas para que sexa recoñecido o seu traballo, ben sexa pola súa traxectoria deportiva, directiva, ou polo seu apoio ao deporte en xeral desde calquera ámbito de actuación. As propostas deberán ser formalizadas antes do 31 de marzo, mediante presentación de instancia no Rexistro Xeral do Concello ou por enderezo electrónico á dirección deportes@riveira.com.

As gañadoras e gañadores de cada unha das modalidades recibirán unha réplica do trofeo León de Padín, entregándoselle aos finalistas un diploma acreditativo. O xurado estará composto pola concelleira de Deportes, quen elixirá un mínimo de catro vocais máis entre deportistas, técnicos e demais persoas vinculadas ao deporte local.

Tódolos clubs recibirán cinco invitacións para esta gala. Ademais, a cada candidata e candidato individual ou club concederánselle catro invitacións máis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El acuerdo UE–Mercosur” – José Castro López

“El acuerdo UE–Mercosur” – José Castro López

El Parlamento europeo envió al Tribunal de Justicia el acuerdo entre la UE y Mercosur, presentado como un hito histórico que creaba el área de libre comercio mayor del mundo, una respuesta al proteccionismo de EE.UU. y una oportunidad para reforzar la posición global...

“Bórtolo”. Xulio Xiz

“Bórtolo”. Xulio Xiz

Cando en 1967 nacía aquela fermosura radiofónica que se chamaba Radio Popular de Lugo, mozos e mozas poboadores daquela marabilla sonora poderiamos cantar canda Serrat aos nosos gozosos vinte anos. Era unha iniciativa relixiosa, gobernada por civís que nos fixemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.