A Pousada pecha as portas até que remate a situación de risco co coronovirus

12 Marzo 2020

Malia que levaban meses programados e malia a expectación que tiñan xerado, A Pousada da Galiza Imaxinaria, seguindo as recomendacións sobre as medidas a tomar para contribuír a frear o avance do COVID-19, vén de emitir no seu Facebook un comunicado no que fai saber a cancelación dos seus concertos e monólogos para a presente tempada, que quedan aprazados á espera de que nas semanas vindeiras a situación se normalice.

O local, botando man do sentido común e tentando saírlle ao paso aos potenciais riscos que pode implicar xuntar mancheas de persoas procedentes de moi diferentes lugares nun lugar pechado, tomou a decisión de pechar as portas “ata que as autoridades sanitarias confirmen que non hai risco para a poboación de contaxios”.

Isto esténdese tamén aos concertos que estaban previstos ao abeiro do ciclo Directos Vibra Mahou en Galicia, entre os que se atopaba a actuación programada na Pousada polos Heredeiros da Crus este sábado 14 de marzo, e que queda cancelada até novo aviso. A promotora fai saber que todas as persoas que dispoñan de entrada para este concerto dos Heredeiros poderá xestionar a devolución a través do servizo Ticketmaster. “Lamentamos vernos obrigados a tomar esta medida pero nestes intres, a prioridade é garantir a saúde e o benestar dos cidadáns e contribuír á contención do virus”, engade a promotora.

Outros artigos

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o seu Serán Tradicional

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o Serán Tradicional da Asociación Cultural de Abanqueiro. Será a partir das 19.00 horas no Centro Social. Organizado pola dita asociación en colaboración co Concello de Boiro, incluirá no seu programa un interesante menú de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...