A Policía Local de Boiro tamén felicitará os aniversarios dos máis pequenos

31 Marzo 2020

Aínda que non sexa a solución aos nosos problemas e ao sufrimento polo que están a pasar as familias, estando as nenas e nenos entre os máis prexudicados, non hai dúbida de que un boa felicitación de aniversario, feita polos axentes de Policía Local, axuda e moito a sobrelevar a reclusión forzosa do Estado de Alarma. Conscientes disto e co obxectivo de carrexar un pouco de ilusión aos máis pequenos durante o confinamento, os axentes da Policía Local de Boiro uníronse á iniciativa xeral de festexar os aniversarios da rapazada a pé de rúa. Iso si, debido á alta demanda de peticións que están a recibir, os policías centraranse en dar os parabéns aos menores de 12 anos, estes inclusive.

Esta iniciativa, que tamén se está a levar a cabo noutros concellos da comarca, como por exemplo no da Pobra do Caramiñal, busca “alegrar aos máis cativos no dia do seu aniversario e que non o poden celebrar polo confinamento”, segundo explican fontes do Concello, que engaden que a iniciativa das felicitacións in situ dá continuidade ás accións levadas a cabo nas rúas, todos os días ás 20 horas (e na compaña do persoal de Protección Civil, das ambulancias e da veciñanza dende as xanelas das súas casas), para destacar con aplausos o labor despregado polo persoal sanitario e demais profesionais que seguen a prestar os seus servizos no Estado de Alarma.

Volvendo á iniciativa dos parabéns, é preciso que as familias que desexen recibilos se poñan en contacto co Concello, a través do propio Facebook ou do enderezo electrónico con 24 horas de antelación, indicando o enderezo, o nome da persoa que cumpre anos e a idade.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.