A Policía da Pobra animará as estadías en casa das nenas e nenos con felicitacións polo seu aniversario

26 Marzo 2020

A Policía Local de Pobra do Caramiñal quere poñer o seu gran de area para facer máis levadío o confinamento das nenas e nenos nos seus fogares, por mor da crise sanitaria e das restricións aplicadas polo Goberno central. Así, para mitigar a reclusión obrigada da rapazada e achegar un pouco de ilusión en días tan monótonos, a Policía Local comprometeuse a felicitar ás nenas e nenos do concello que celebren ao longo destas semanas o seu aniversario. O único requisito que se pide é que sexan menores de 12 anos (12 anos inclusive). Os vehículos policiais achegaranse aos domicilios das pequenas e pequenos para felicitalas/os polo seu cumpreanos.

O horario establecido é de 20:00 a 23:00 horas e só poderá facer se o solicita algún membro da familia. As chamadas deberanse realizar ó teléfono 687 482 835. O compromiso adquírese sen prexuízo de que calquera necesidade do servizo, urxente ou non, impida face-lo desprazamento ata o lugar. No caso de se produciren varias demandas para un só día, a prioridade estabelecerase seguindo a orde estrita en que se reciban as solicitudes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.