A Deputación da Coruña fortalece a súa oferta de formación en liña

30 Marzo 2020

A Deputación da Coruña anunciou este luns 30 de marzo que vai fortalecer e ampliar a súa oferta de formación en liña, co fin de dar o mellor servizo posíbel aos concellos e os seus cadros de persoal nestes días de confinamento e restricións, e co obxectivo de contrarrestar a recente suspensión de 65 cursos presenciais (as actividades do seu Plan de Formación Agrupado 2020). Para paliar todas estas circunstancias a entidade provincial adiantou a abril, de forma urxente, os cursos online previstos até fin de ano. O obxectivo: asegurar o dereito á formación dos traballadores e traballadoras das 101 entidades locais que participan no plan e non prexudicar as empresas do sector.

O prazo de inscrición para estes cursos xa está aberto e finalizará o 3 de abril.

Os cursos desta convocatoria extraordinaria que comezarán no mes de abril son os seguintes:

– Réxime xurídico, procedemento e responsabilidade patrimonial das administracións públicas: 40 prazas.

– Ciberseguridade para usuarios: 80 prazas.

– Violencia de xénero: 40 prazas.

– Teoría e práctica da nova Lei de contratos do sector público: 40 prazas.

– LibreOffice: 40 prazas.

– Interpretación do patrimonio e turismo cultural: 40 prazas.

– Xestión de subvencións. Tramitación e control: 40 prazas.

– Deseño de folletos e cartelería con software libre (Scribus): 40 prazas.

– Nóminas e seguros sociais na Administración local: 40 prazas.

En función do número de inscritos/as o número de prazas dalgún dos cursos podería incrementarse.

Para máis información pódese consultar o apartado de formación da web da Deputación.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.