A ABE presenta medidas urxentes para garantir a actividade e axudar ao empresariado local

18 Marzo 2020

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) lanzou este mércores 18 de marzo un comunicado en relación á crise sanitaria, social e económica que estamos a vivir por mor da pandemia do COVID-19 e as medidas restritivas que acompañan a loita contra a mesma no ámbito estatal. O comunicado en cuestión, froito do traballo en común de urxencia realizado a través de videoconferencia pola xunta directiva da asociación, consiste nunha serie de medidas para garantir a actividade da ABE (ao tempo que se minimiza o labor presencial) e para mitigar as consecuencias do estado de alarma no empresariado e na cidadanía local.

En primeiro lugar, a ABE fai saber que mantén a súa actividade normal aínda que se suspenden os servizos de atención presencial na sede da entidade. As consultas poderán ser atendidas no teléfono 981 84 78 88 e a través das canles da ABE nas redes sociais Facebook, Instagram ou Web (https://abe.gal). “Ademais”, explícase no comunicado, “no caso das persoas asociadas, seguirán recibindo a información facilitada desde a asociación, e poderán seguir en contacto cos nosos técnicos, a través das canles habituais de comunicación co asociado, en especial o correo info@abe.gal”.

Por outra banda, a ABE lembra que se suspenden até novo aviso todas as campañas de dinamización comercial e actividades formativas e, tamén, que se poñen en marcha iniciativas para paliar os efectos do parón empresarial, como por exemplo aprazando o cobro da cota do segundo trimestre como mínimo até o mes de maio.

No comunicado tamén se fai saber a intención da ABE de crear, co apoio do Concello, unha mesa de traballo específica para “abordar medidas locais que mitiguen a grave crise á que nos enfrontamos”. Entre estas medidas atópanse as seguintes: exención de taxas municipais para os sectores máis prexudicados, ampliación do horario das terrazas, exención do IBI para determinadas actividades empresariais, exención do permiso de circulación para vehículos comerciais e vaos de empresas e reservas de crédito para adoptar medidas sociais e de promoción económica.

A maiores do devandito, a ABE recomenda aos asociados que estean a pagar un aluguer polos locais onde desenvolvan a súa actividade que, “ante esta situación de extrema gravidade que fai perigar a viabilidade de moitos negocios”, tenten negociar cos propietarios rebaixas do aluguer, “polo menos mentres dure esta situación excepcional”. En igual sentido, a asociación aconsella a renegociación de letras das compras, por exemplo no comercio comerciante polo miúdo que está pechado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.