A ABE, ao pé do canón resolvendo dúbidas ao empresariado sobre a crise sanitaria

30 Marzo 2020
Daniel García, presidente da ABE, nunha imaxe de Canal Rías Baixas

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) emitiu este luns 30 de marzo un comunicado coincidindo co endurecemento das medidas de restrición social e empresarial desta semana: unha nova medida do Goberno central para frear o avance imparábel do COVID-19. A asociación lembra que segue a traballar de xeito telemático e atendendo as moitas dúbidas que lle achega o sector respecto das novas medidas relacionadas coa crise sanitaria.

A ABE tamén recorda que segue adiante, malia a complexidade dos tempos de confinamento e restricións que estamos a vivir, traballando nunha manchea de frontes: “Continuamos propoñendo campañas, traballando na mesa de crise do Concello e participando das comisións das patronais galegas e nacionais”.

Atención a socios

Co fin de resolver dúbidas sobre os cambios lexislativos, a ABE está a realizar estes días “un constante labor informativo”, atendendo a ducias de consultas sobre aspectos como os ERTE, a solicitude de prestación, o aprazamentos de impostos, a negociación con provedores, a orde de axudas e, sobre todo, as implicacións das medidas recollidas no decreto de estado de alarma e as posteriores modificacións.

Mesa crise Concello e reunións de directiva

A ABE, trala posta en marcha da mesa de crise do Concello por iniciativa da asociación, mantivo xuntanzas periódicas ao abeiro da comisión abordando aspectos de especial interese como moratorias, redución e eliminación de taxas e impostos municipais que “o Concello de Boiro xa ten sobre a mesa e que nos vindeiros días agardamos se cristalicen en medidas concretas”, explican, engadindo que “xa lle comunicaron ao alcalde a súa disposición para colaborar e axudar en todo o que se poida”. Por outra banda a directiva da ABE estase a reunir por videoconferencia todos os martes e venres para abordar os asuntos derivados desta crise.

Campañas

Este luns 30 de marzo a ABE lanzou unha campaña informativa baixo o lema Que podemos facer? Ao seu abeiro, a asociación boirense vai desenvolver catro bloques temáticos sobre aspectos nos que leva días traballando. Para optimizar os resultados, a entidade solicitou a participación de empresariado, clientes e veciñanza, “comentando aspectos concretos de cada tema”. Hoxe lanzouse o primeiro bloque, un capítulo informativo sobre a mesa de crise que a ABE conseguiu formar xunto co Concello.

A ABE lembra que ten a disposición da cidadanía, para recadar opinións e propostas, o seu correo electrónico info@abe.gal e máis as súas redes sociais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.