29 marzo: Novo récord de falecidos por COVID19 en España, onte morreron 838 personas. Son xa 6.528 as vitimas. En Galicia descenden os contaxios diarios: 298 casos fronte os 416 do día anterior

29 Marzo 2020

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 29 de marzo:

  • 6.528 mortos, fronte aos 5.690 do sábado. Son 838 máis, cun incremento do 15%.
  • 78.797 contaxiados, fronte aos 72.248 do día anterior. Un 9 % máis.
  • 14.709 recuperados fronte aos 12.285 do sábado.
  • 43.397 hospitalizados. O día anterior foron 40.630.

O número de casos en Galicia ascende a 2.925 infectados e 61 persoas mortas. Os contaxios diarios descenden en Galicia: 298 casos fronte os 416 do día anterior.

O conselleiro de Sanidade, nunha entrevista na Radio Galega, anunciou que para este domingo está prevista a chegada a Galicia dun medio millón de máscaras, das “máis de dez millóns” que leva compradas a Xunta. Vázquez Almuíña confirmou que o seu departamento está en contacto para alcanzar “acordos con empresas galegas do téxtil e do sector da fabricación doutros productos” para proverse de material sanitario e non depender do mercado internacional.

Salientar que o Hospital de Barbanza rexistrou o seu primeiro falecido por coronavirus. O enfermo era un veciño de Lampón de 79 anos e tiña patoloxías previas. Mentres a cifra de contaxiados na área de Santiago e Barbanza elevase a 87.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...