Últimos días para inscribirse no segundo cuadrimestre da UNED Senior en Rianxo

24 Febreiro 2020

Este mércores 26 finaliza o prazo de inscrición para os cursos do segundo cuadrimestre da UNED Senior que se impartirán en Rianxo entre os meses de marzo e xuño.

As materias a impartir, un total de cinco acción formativas, serán Canto tradicional e canto coral (venres, de 10.00 e 12.00 horas), Iniciación aos teléfonos intelixentes e tabletas. Nivel Básico II (mércores, de 18.30 a 20.30 horas), Iniciación á informática e á Internet. Nivel Básico II (mércores, de 16.00 a 18.00 horas), Cociñando para alimentarse ben II (martes, de 18.00 a 20.00 horas) e Práctica instrumental: Gaita e Percusión. Nivel Intermedio II (sábados, de 11.00 a 13.00 horas).

Esta formación contará con dúas horas semanais e un prezo establecido por cuadrimestre nos 50 euros. Ademais, as persoas maiores de 50 anos e o alumnado do primeiro cuadrimestre teñen preferencia na realización destas actividades.

As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar a súa preinscrición no Auditorio municipal, no teléfono 981100688 ou no enderezo electrónico unedsenior@concelloderianxo.gal.

Outros artigos

O pleno da Estrada acorda o irmandamento con Rianxo

O pleno da corporación municipal da Estrada aprobou esta semana, por unanimidade, o irmandamento do Concello estradense co de Rianxo, municipios unidos simbólica e culturalmente pola parella que conformaron a estradense Virxinia Pereira Renda e o rianxeiro Alfonso...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.