SumaRibeira aclara a súa postura respecto da EDAR e avoga por seguir facendo melloras

04 Febreiro 2020

A agrupación SumaRibeira vén de emitir un comunicado sobre o pleno de Ribeira do 30 de xaneiro, sobre as cuestións tratadas ao seu abeiro e sobre a súa abstención respecto da votación sobre o convenio entre Augas de Galicia e o Concello para a cesión da explotación da EDAR de Ribeira, unha decisión que segundo indica, foi con toda probabilidade “a decisión menos mala de cantas se podían tomar”. Segundo fai saber o grupo que coordina Xurxo Ferrón, o que había que determinar na sesión do 30 de xaneiro “non era se estabamos de acordo co deseño e funcionamento da infraestrutura programada e executada baixo a dirección de ACUAES e financiada nun 70% con fondos europeos nun 30% por Augas de Galicia”, senón que “cumpría decidir sobre o que era competente, que era só se o pleno asumía a xestión das estacións depuradoras”.

SumaRibeira, para clarificar conceptos e posturas, remite no seu comunicado á súa postura previa respecto do funcionamento do sistema de saneamento e depuración, “que sempre expuxemos e seguimos mantendo”. Esta postura resúmese nestes puntos: que se impida que o sistema produza cheirumes e contaminación atmosférica, que se garanta a non intromisión da auga de mar na infraestrutura (por ser fonte de corrosión e de gases), que se modifique o alivio do tanque de tormenta de Areeiros (impedindo o desaugadoiro nun regato que “por mor das mareas e temporais sempre tendeu a estancarse”) e que se impida o transvase de residuos industriais procedentes do Polígono Industrial de Xarás a un sistema deseñado só para residuos urbanos.

SumaRibeira expresa no seu comunicado “a súa total desconformidade coa falla de transparencia e información” con respecto ao desenvolvemento previo da sesión do 30 de xaneiro, unhas eivas “que nos obrigaron a ter que exercer o noso dereito ao voto con maiores inseguridades e con riscos que excederon os mínimos razoábeis, sen motivos suficientes que ao noso entender o xustificasen”.

A agrupación tamén fai fincapé no seu convencemento de que, de formalizarse a xestión en Augas de Galicia e non no Concello, as taxas de saneamento e depuración veríanse incrementadas, polo que “pensamos que pode ser máis eficaz que toda a Infraestrutura sexa responsabilidade dunha soa administración, neste caso a local”. Asemade, SumaRibeira avoga por municipalizar todo o ciclo da auga, cuxa xestión “será máis doada se o Concello asume tamén a responsabilidade das depuradoras”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.