Rianxo en Común esixe que se solucione a ausencia de pediatra no Centro de Saúde

17 Febreiro 2020

O grupo municipal Rianxo en Común ven de rexistrar unha solicitude na Consellería de Sanidade, na cal esixen que “de maneira inmediata” se substitúa a ausencia do pediatra con outro profesional. Neste senso, lembran que no 2015 se produciron concentracións por parte da veciñanza rianxeira para denunciar que as ausencias do pediatra habitual non se cubrían debidamente, “unha situación que continuou a producirse”, indican. De feito, fan fincapé en que, nos próximos quince días, o Centro de Saúde non contará co pediatra habitual en horario de mañá, sostendo que “a solución que se buscou, no canto de mandar a outro/a profesional, foi bloquear a posibilidade de pedir citas na aplicación do Sergas e non dar ningún tipo de información coa esperanza de que os 15 días pasaran o máis rápido posible.”

Ademais, a formación engade que se protagonizaron protestas dos usuarios e usuarias do Centro de Saúde, así como profesionais do mesmo, tódalas tardes dos venres durante as últimas semanas para reclamar un Punto de Atención Continua (PAC) e que, tal e como precisan, a Administración autonómica “nos nega continuamente.”

Así, Rianxo en Común expresa a súa preocupación pola situación da sanidade pública no concello rianxeiro e no conxunto do territorio, culpando a política sanitaria da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.