Os socialistas de Ribeira solicitan a actualización da Ordenanza de Limpeza

24 Febreiro 2020

O grupo municipal do PSdeG-PSOE ribeirense levará ao pleno un rogo para que se proceda á actualización e modificación da Ordenanza de Limpeza, pois consideran que está obsoleta.

A formación expón que a da páxina web do Concello de Ribeira ten data do 25 de agosto de 1992, polo que, desde entón, “houbo diversos cambios na lexislación que afecta a dita ordenanza.” Así mesmo, precisan que esa normativa ten por obxecto establecer o réxime xurídico da ordenación e vixía da hixiene urbana no termo municipal ribeirense, comprendendo a tenencia de animais domésticos, a regadura de plantas, a limpeza de pertenzas, a publicidade estática e dinámica, ademais de todos aqueles aspectos que poidan enmarcarse dentro da referida categoría.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.