Os emigrantes retornados do Barbanza volven como cada mes ás rúas de Ribeira

26 Febreiro 2020

Como veñen facendo mensualmente desde hai 6 anos, a Plataforma de Emigrantes Retornados do Barbanza congregouse esta mañá diante da delegación de Facenda de Ribeira, para despois manifestarse polas rúas da cidade ata a praza do Concello.

O voceiro da plataforma, Xosé Deira, insistiu na “discriminación grande” que sofren os emigrantes retornados en comparación ao resto de xubilados, pois non consideran xusto que se lles aplique maior gravame que se quedasen no estranxeiro e cando xa cumpriron coas súas obrigas tributarias.

Tamén sinalou que en novembro de 2018 mantiveran unha xuntanza co presidente da mesa de Facenda do Congreso, quen comunicou que sacar a figura do dobre pagador resultaba máis difícil ao estar contemplado para a xente que se atopa activa no eido laboral, podendo percibir dous salarios distintos, mais que estaba aberto a un tratamento especial para os emigrantes retornados, sendo pensións que veñen do estranxeiro.

Así mesmo, anunciou que este venres 28 abordarán a súa situación con Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, quen estará no Centro Social de Boiro durante a tarde.

Na plataforma intégranse ao redor de 300 afectados de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo; aos que hai que sumar os compoñentes da existente na área Muros-Noia, composta por un mínimo de 150 persoas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.