O Sálvora CF pon en marcha unha campaña de recollida de medicamentos e alimentos para o pobo saharauí

11 Febreiro 2020
Ramón Martínez, presidente do club ribeirense, nos campamentos de refuxiados

O Sálvora Club de Fútbol vén de pór en marcha unha nova iniciativa solidaria e humanitaria co pobo saharauí, que engadir ás campañas activistas de Ramón Martínez, o presidente da entidade, quen ten envorcado importantes esforzos para pór de manifesto os problemas polos que están a pasar os cidadáns da antiga colonia española. A nova campaña a prol dos saharauís e a súa loita por converterse en pobo libre tamén vén da man de Ramón Martínez, que participará nunha viaxe aos campamentos dos refuxiados ao abeiro da XX Edición do Sahara Maratón, que se celebra o 25 de febreiro. Aproveitando a súa estadía no deserto, o club solicita a colaboración de “todas aquelas persoas que queiran achegar o seu gran de area a esta causa”.

Álex, a promesa do Sálvora, tamén participará activamente na campaña

Fontes do Sálvora informan tamén de que desta volta, o presidente irá acompañado polo seu fillo e xogador do club Alexandre. “Nesta ocasión centraremos a nosa recollida en medicinas (paracetamol, ibuprofeno, etc), alimentos (aceite oliva, pasta, atún) e material escolar”, indican dende o club, engadindo que o material pódese entregar desde o día 11 de febreiro ata o día 18 do mesmo mes na Cantina do Campo de Fútbol Sintético da Fieiteira ou na tenda Pódium Sport de Ribeira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.