Ramón Martínez, presidente do Sálvora CF, lánzase a unha proba solidaria a prol do pobo saharauí

25 Outubro 2019

O presidente do Sálvora Club de Fútbol, Ramón Martínez, vai iniciar en breve unha actividade que colle o mellor de dous mundos: o do deporte, por unha banda, e do activismo a prol da xustiza, a liberdade e a solidariedade, pola outra. Máis en detalle, Ramón estase a preparar para percorrer, na compaña de cinco amigos andaluces (Juanma, Pepe, Miguel Anxo, Pepín e Pepe Domingo), a distancia que hai entre París e Bruxelas (284 quilómetros) para esixir ante o Parlamento Europeo a liberdade dos presos políticos saharauís e a independencia do Sahara Occidental.

O reto deportivo, que se vai facer por substitucións, quere ser un esforzo que simbolice a longa espera do pobo saharauí pola súa liberación, amais dun acto que repare, aínda que sexa de maneira pequena e humilde, os longos anos de desleixo de España e de boa parte da comunidade internacional pola causa xusta da antiga colonia española en África.

Segundo explica o propio Ramón Martínez, a saída fixada en Francia non é casual: o inicio da substitución en París ten como obxectivo “facer visible o conflito no país que máis apoiou a Marrocos na ocupación ilegal do territorio e, por tanto, evitou así a celebración do referendo de autodeterminación acordado entre as partes en 1991, baixo os auspicios das Nacións Unidas”.

Ramón recórdanos tamén que a comunidade saharauí e unha feixe de asociacións amigas estarán presentes o venres 1 de novembro, desde as 14:30h ás 15:30h, na Place Saint Michel 75005 Paris, desde onde comeza o evento.

Os participantes con Juan Cala (xogador de futbol profesional, actualmente nas fileiras do Cádiz CF e un dos patrocinadores)

O punto de chegada ao Parlamento Europeo, onde serán recibidos por máis de 100 eurodeputados, será o día 4 de novembro, en Bruxelas e faise para” alertar aos eurodeputados sobre o sufrimento deste pobo e a complicidade da Unión Europea ao desprezar as sucesivas sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que declarou que os acordos UE / Marrocos non poden incluír Produtos do Sahara Occidental”.

A carreira foi presentada o pasado martes no Consistorio de Lebrija (Sevilla), colaborador no desafío deportivo-solidario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.