O novo programa para facilitar a contratación de menores de 30 anos contará cun investimento de 7 millóns de euros

20 Febreiro 2020

Na súa visita ao obradoiro de emprego Hostalería Boiro III, o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, lembrou que mañá, venres 21, pecha o prazo para que os concellos interesados presenten os seus proxectos para acceder ás axudas do novo programa para facilitar a contratación de menores de 30 anos.

Trátase dunha iniciativa que, incluída no Plan galego de formación para o emprego, contará cun investimento de 7 millóns de euros para que as entidades locais poidan desenvolver propostas de formación e aprendizaxe acompañadas dun contrato de traballo en empresas do sector, cunha duración total de 18 meses. Neste senso, agárdase apoiar 20 proxectos e ofrecer 300 prazas para mocidade desempregada.

No que respecta ao referido obradoiro, este conta coa participación dun total de 16 persoas. O alumnado prepárase para a obtención do certificado de profesionalidade de Operacións Básicas de Cociña, de nivel 1, e Operacións Básicas de Restaurante e Bar, tamén de nivel 1; ademais de realizar actuacións relacionadas con estas materias coma a elaboración e presentación de menús sociais, servizos de almorzos saudables e solidarios, comidas degustación, así como a realización de eventos gastronómicos do Concello e de xornadas de showcooking.

Na súa intervención, o director xeral destacou a necesidade de que as distintas administracións e entidades colaboren á hora de deseñar programas que melloren a calidade do emprego en Galicia e subliñou a importancia de apostar por unha formación dual e flexible, que se adapte tanto ás necesidades das empresas como ás demandas de emprego dos concellos galegos.

Pola súa parte, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, expresou o seu agradecemento, agardando seguir contando coa colaboración da Xunta de Galicia co Concello para a formación da mocidade e maiores, contribuíndo a facilitar a súa incorporación ao mundo laboral, pois afirmou que “un pobo onde haxa traballo ten vida.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

Aproveitarse da boa fe das persoas que o están pasando mal e que non poden acudir a unha entidade financeira en busca de financiamento, poñendo como garantía a vivenda habitual é algo inhumano. Pois si, hai moitos personajillos usureiros, considerados como...

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

O pasado venres 7 de abril a Asociación Etnolóxica ADMR de Castelao ofreceu no pazo Martelo, en Rianxo, unha homenaxe a José María Vicente Somoza, na celebración do 50º aniversario do achado do Casco de Leiro o 7 de abril de 1976. Este día, José María traballaba nun...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.