O Náutico de Boiro- Marina Cabo de Cruz recibe o selo Galicia Calidade

05 Febreiro 2020

O Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz recibe mañá xoves a certificación de Galicia Calidade. O acto oficial de colocación da placa vaise celebrar mañá, 6 de ás 12.30 horas, no Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz.

Con este serán catorce os clubs náuticos galegos que contarán coa certificación Galicia Calidade e que impulsan á Comunidade como referente turístico. A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través de Galicia Calidade, concedeu a licenza de uso da súa marca de garantía ás instalacións náutico deportivas do Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz (Boiro), Club Náutico Sada (Sada), Club Náutico de Ares (Ares), Club Náutico de Portonovo (Sanxenxo), Real Club Náutico de Ribadeo (Ribadeo), Real Club Náutico de Vigo (Vigo), Real Club Náutico de Portosín (Porto do Son), Real Club Náutico de Rodeira (Cangas), Real Club Náutico de SanxenxoReal Club Náutico de A CoruñaClub Náutico Deportivo de RibeiraClub Náutico de San Vicente do Mar (O Grove) y Monte Real Club de Yates de Baiona, ademais de Anauga.

Coa nova incorporación, a marca de garantía de Galicia conta xa con 125 establecementos certificados de diferentes sectores.

Na inauguración da placa van asistir o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; Alfonso Cabaleiro, director xerente de Galicia Calidade, Javier Ruiz de Cortazar, presidente da Asociación de Clubes Náuticos de Galicia e Manuel Fajardo, presidente do Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz.

Entrega de diplomas polo Concelleiro de Economía o pasado mes de outubro ós Clubs Naúticos co selo Galicia Calidade

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...