O Estado da Alta (A Pobra) acolle este 9 de febreiro un control federado de marcas

07 Febreiro 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, co control técnico do Comité Galego de Xuíces da FGA, organizarán un control federado de marcas o vindeiro domingo 9 de febreiro no Estadio da Alta (Cabío, A Pobra do Caramiñal). As probas estarán suxeitas a un regulamento específico que, en primeiro lugar, determina que as inscricións se fagan a través do sistema online na web da RFEA até as 22:00 horas do xoves 6 de febreiro do 2020.

Nas bases especifícase que se permitirá a a participación de categorías menores dadas de alta no programa Xogade. Neste punto, as inscricións deberán remitirse a santiago@atletismo.gal indicando o nome e apelidos da persoa solicitante, data de nacemento, club e identificador do seguro.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.