O equipo responsábel de Olloboi recolle na Coruña o Premio José Sellier

21 Febreiro 2020

O Premio Especial José Sellier que concede a Academia Galega do Audiovisual vén este ano para Boiro. Máis concretamente para as e os responsábeis do festival infantil Olloboi, que recolleron este venres o galardón na festa dos finalistas da edición 17 dos Premios Mestre Mateo, celebrada no Hotel AC by Marriott da Coruña. O galardón aos impulsores do certame boirense Olloboi, que este ano chega á súa décima convocatoria, foi entregado por Alfredo Sellier, sobriño tataraneto de José Sellier Loup.

O premio foi recollido polo equipo que fai posíbel o festival: Ana Moreiras, Javi Paz, Lolo Garrido, Petro Álvarez, Sara Hermo, Susana Diz e Yaiza Vicente quen agradeceron o galardón.

O Premio José Sellier recoñece iniciativas relevantes para o sector e reivindica a figura deste pioneiro da cinematografía, o primeiro en rodar en España cunha cámara Lumière. As súas películas Orzán, Praza de Mina e Fábrica de gas, filmadas en maio de 1897, son as máis antigas que puideron ser datadas con fidelidade no Estado.

O premio, en palabras da academia, vén dado pola aposta do festival boirense a prol do cinema “como unha ferramenta transversal para a educación en valores, a promoción da cultura e o idioma galegos entre a xuventude e a visualización dun compromiso ambiental e social coa entorna”. O xurado tamén salientou o traballo feito para favorecer que a nosa mocidade atope a súa voz nas linguaxes cinematográficas.

As orixes do certame

A Asociación Cultural Olloboi naceu do labor dun grupo de docentes asentados no Barbanza desde o ano 2009, ao que se lle foi engadindo xente de fóra do ámbito educativo. Constituídos como asociación, organizan cada ano o certame escolar Olloboi, coa finalidade de “promover que o cine galego chegue ás aulas” dunha maneira creativa e participativa, e, a ser posíbel, en galego. O seu equipo de dirección está constituído por Lolo Garrido e Susana Diz, que asumen a parte de deseño, Petro Álvarez, que coordina a admisión de vídeos e supervisa os contidos e Ana Moreiras, que coordina, comunica e produce. Ademáis, Yaiza Vicente e Javi Paz encárganse de xestionar a parte informática e de redes e Sara Hermo colabora en traballos de produción e realización.

O nome de Olloboi xorde da unión de dous conceptos: o ollo, unha alusión directa á visión, ás lentes e por outra Boi, en referencia a Boiro, o concello que acolle cada ano o festival.

Como dixemos, este 2020 o festival celebrará a súa décima edición, unha convocatoria na que vai participar un importante número de escolares, docentes e profesionais do sector, tanto nas proxeccións en si mesma, como nas seccións de cinema de guerrilla. Contará coa colaboración de cineastas e a cidadanía de Boiro (Muchachada 4×4) e unha entrega de premios nos Asteleiros Triñanes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.