O Concello de Boiro pon en marcha o acondicionamento do Edificio das Colonias

10 Febreiro 2020

Este luns 10 de febreiro comezaron finalmente as obras de acondicionamento para pór en valor o Edificio das Colonias de praia Xardín, da man do Concello de Boiro. A iniciativa, un dos proxectos do actual equipo de Goberno de José Ramón Romero durante a pasada campaña electoral, ten o obxectivo de outorgar unha nova e relevante vida a outro dos edificios históricos do concello, que se atopaba en desuso, empregado principalmente como acubillo de equipamento municipal, malia o seu gran potencial e o seu emprazamento privilexiado (lindeiro ao paseo costeiro de Barraña e Xardín, a carón mesmo da ría de Arousa). Nos traballos que comezaron este 10 de febreiro, os operarios municipais comezaron a retirar material do inmóbel para proceder posteriormente ao seu acondicionamento integral.

Segundo informou o Concello nun plano máis concretos, as tarefas previas estanse a centrar nunha selección do material co fin de atopar elementos aproveitábel para traballos municipais: mangueiras, tubaxes, motores e ferramenta de traballo.

Asemade, entre os obxectos que foron atopados (e que o Concello sinala que “causaron sorpresa entre os traballadores”) atopábanse tamén obxectos antigos de valor: antigas máquinas de cerámica, unha pesa industrial e mesmo un antigo cinematógrafo doado, presuntamente, por Don Gonzalo, o propietario do que fora o primeiro cinema de Boiro. Estes obxectos trasladaranse a outras instalacións para a súa exposición permanente, informou o Concello, engadindo que o edificio está en perfectas condicións dende o punto de vista estrutural, malia estar en desuso dende hai máis ou menos unha década.

Estes traballos únense ao acondicionamento levado a cabo polos Concellos nas antigas unitarias do municipio, unha liña de actividade común para devolver a vida aos edificios históricos do termo boirense.

A idea do Goberno Local é emprazar na sede das Colonias os centros de operacións das entidades deportivas local. É dicir, acondicionar o edificio “para que os clubs e asociacións poidan ter uns despachos nos que gardar documentación e celebrar reunións”.

Os traballos de revisión eléctrica e limpeza interior remataran, “con condicións favorábeis”, o sábado 22 de febreiro. O Goberno local agarda poder asignar os espazos a partir do 1 de marzo, razón pola que se traballa xa confeccionando unha listaxe de entidades que tiñan solicitadas xa algún tipo de espazo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.