O Concello de Boiro comezou as obras de arranxo na ponte de Ameán

05 Febreiro 2020

O Concello de Boiro comezou os arranxos da ponte de Ameán, na parroquia de Cures, que foi unha das infraestruturas afectadas polo mal tempo reinante este inverno, xunto co Polideportivo de Santa Baia (que xa está sendo obxecto de reparacións na cuberta e nas fachadas) e outros elementos. A dita ponte de Cures, de feito, foi derrubada polas fortes chuvias da pasada tempada, imposibilitando a óptima comunicación entre Ameán e Cadarnoxo. O prezo da actuación ascende a un total de 9.238 euros e, ademais do arranxo dos danos, vaise reforzar a estrutura da ponte para evitar novos esborrallamentos no futuro.

O Concello lembra que os amaños tiveron que facerse estes días, coa chegada do tempo, por mor do intenso caudal que leva o río, que fixeron imposíbel traballar na zona. O Executivo local engade que ademais da reparación dos danos causados polo temporal, a obra ten “unha dobre funcionalidade”: por unha banda vaise achegar unha base firme, feita con formigón ciclópeo, para a base da ponte, e, pola outra, estase a fornecer á construción dun muro de escollera que afiance o terreo e garanta a estabilidade da ponte e evitar novos derrubes.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.