O Concello boirense convoca un proceso selectivo para un docente de Servizos de Bar e Cafetería

17 Febreiro 2020

O Concello de Boiro abre este luns 17 o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria dun proceso selectivo dunha praza de docente, quen se encargaría de impartir a acción formativa Servizos de Bar e Cafetería, correspondente ao plan de Accións Formativas para Desempregados (AFD) que se desenvolverá no centro de formación e viveiro de empresas situado no polígono industrial de Espiñeira. Os interesados poderán formular as súas solicitudes ata o venres 28 a través do Rexistro Xeral. As bases e a instancia desta convocatoria poden descargarse da páxina web www.boiro.org ou conseguirse na portaría da Casa Consistorial.

Os cursos AFD están indicados para mozos e mozas desempregados menores de 30 anos. Para participar nesta acción formativa é preciso ter a ESO ou Competencias Clave de nivel 2, inscribíndose a través da Oficina de Emprego.

O de Servizos de Bar e Cafetería iniciarase en marzo e constará de 658 horas, en horario de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas. Esta acción formativa complementa a de Cociña, tamén correspondente ao referido plan AFD, a cal comezou en febreiro. Ademais da formación específica de cada especialidade, o alumnado dispón duns módulos de formación transversal sobre inserción laboral e sensibilización medioambiental, así como formación para a igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.