Néstor Rego explicou en Boiro as medidas que contempla o acordo de investidura

29 Febreiro 2020

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, acompañado de membros do partido na comarca, reuniuse hoxe en Boiro con diferentes colectivos barbanceses, coma o sector do mar e os emigrantes retornados, para dar conta do alcance do acordo de investidura subscrito entre o Bloque e o PSOE, o cal recolle “importantes compromisos, non só para Galiza, tamén para a comarca da Barbanza.”

O alcalde de Rianxo e integrante do consello comarcal, Adolfo Muíños, indicou que “o BNG recupera a voz galega no Congreso” e que, ademais do acordo de investidura, “vai haber máis momentos ao longo desta lexislatura que van facer que a voz galega, as esixencias do país e pensar en clave galega é absolutamente fundamental.” Neste senso, fixo referencia á “fortuna” de contar cun representante que “só teña que dar contas ao país, ou a unha organización nacionalista coma é o BNG, do que alí se acada.”

Pola súa parte, Néstor Rego salientou o labor dos seus compañeiros e compañeiras no Barbanza. A continuación, puntualizou que o Bloque insistía na recuperación de representación no Congreso “porque iso era a garantía de que Galiza tivese unha voz propia, soberana, sen dependencias, que defendese os intereses do noso país.” En relación a isto, sostivo que “o BNG fai o que deciden os galegos e as galegas e non se somete a ningunha outra consideración”, sinalando como proba o acordo de investidura e que ter un único deputado “non é un asunto de cantidade, é de calidade.”

Engadiu que o primeiro que se conseguiu foi “desbloquear a solución a algúns dos principais problemas sociais e económicos.” No que respecta ao acordo, apuntou que se contemplan unha serie de medidas políticas, sociais, económicas e das infraestruturas. Entre outras cuestións, enumerou os descontos nas peaxes da AP-9; a renovación de toda a rede ferroviaria interior de Galicia e completala no resto do territorio; por fin á crise industrial; actuacións en materia de dependencia; a modificación da Lei de violencia de xénero; ou o tratamento de Galicia “como nación no contexto do Estado.”

Tamén incorpora a rexeneración e saneamento das rías para, segundo manifestou, “recuperar toda a capacidade produtiva que teñen. Unhas rías moi ricas das que viven miles de persoas.” Aínda que especificamente se nomea a ría do Burgo, o deputado nacionalista asegurou que “imos prestar atención a ese compromiso que establece o goberno con carácter xeral de saneamento e de atención á rexeneración das nosas rías que se cumpra coas medidas e cos proxectos que sexan oportunos en cada caso.”

Así mesmo, o documento versa sobre “mudanzas lexislativas e normativas necesarias para resolver dunha vez por todas a discriminación da Facenda española aos nosos emigrantes retornados”, destacando que este colectivo leva anos mobilizándose.

En canto ás peaxes da AP-9, Rego aseverou que o acordo “obriga a que haxa como mínimo, un desconto do 100% para os usuarios recorrentes, é dicir, para aquelas persoas que fagan como mínimo dúas viaxes no mesmo día terán a viaxe de maneira gratuíta, algo fundamental nunha infraestrutura que comunica a Barbanza con todo o Eixo Atlántico.”

Outros artigos

Martes 14, tempo variable ao longo do día

Galicia manterase nesta xornada nunha situación de equilibrio entre altas e baixas presións, o que deixará un tempo variable ao longo do día. Durante a mañá predominarán os ceos moi nubrados, con presenza de chuvias febles en distintos puntos da comunidade. Co avance...

+

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

En español usamos dos verbos (ser y estar) para expresar lo que otraslenguas, como el inglés, concentran en uno solo (to be). No es una diferenciamenor ya que nos permite distinguir entre lo permanente y lo circunstancial,entre lo que somos y lo que simplemente nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.