Máis dun cento de persoas degustaron os produtos típicos do Entroido elaborados no Obradoiro de Emprego de Boiro

28 Febreiro 2020

O alumnado do Obradoiro de Emprego en Hostalería Boiro III organizou na mañá deste venres 28 de febreiro un evento gastronómico ligado á gastronomía típica do Entroido. A cita foi no local multiusos do Mercado Municipal e nela, o alumnado-traballador de Operacións Básicas de Restaurante-Bar serviu cafés e doces típicos destas datas elaborados polos estudantes que cursan a modalidade de Operacións Básicas de Cociña. Houbo filloas, orellas e unha destacada selección de sobremesas, amais de cafés e chocolates. Na degustación participaron numerosos veciños (máis dun cento de persoas, as que se achegaron entre as 11.00 e as 14.00 ao devandito local multiusos).

Como lembraremos, o Obradoiro de Emprego en Hostalería Boiro III comezou no mes de outubro e conta con dúas modalidades, Operacións Básicas de Cociña e Operacións Básicas de Restaurante-Bar, acubillando oito alumnas e alumnos en cada unha das especialidades. Está co-financiado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo e promovido polo Concello de Boiro, e emprega, cun contrato para a formación e o aprendizaxe a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de Garantía Xuvenil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...