Lestrobe acolle este venres a presentación da revista Follas Novas

21 Febreiro 2020

A Fundación Rosalía de Castro presenta hoxe venres ás 20 horas no Pazo de Lestrobe (Dodro) o número 4 da revista Follas Novas, que inclúe unha carta inédita de Rosalía de Castro, dentro dos actos rosalianos realizados con motivo do Día de Rosalía.
A misiva vai dirixida a José Villaamil y Castro (1838-1910), amigo e
colaborador de Murguía. Foi descuberta por Pablo Carou Barros, quen
dedica un artigo na revista ao estudo desta polifacética figura monfortina, e é publicada e estudada por Anxo Angueira [ao final desta nota poden
descargar o no 4 da revista e ler a carta e os artigos sobre ela]. Aínda que
carece de lugar e data, a carta pode situarse entre 1865 e 1866 en
Compostela.
Nela Rosalía contesta sobre o tema do uso do sombreiro ou da mantilla no teatro e emite un xesto de cordialidade que abre as relacións Murguía-
Villaamil ao conxunto dos dous casais. Por outro lado, di Rosalía que “no voy nunca al teatro”, o que fai que no artigo se estude o teatro en
Compostela nestes anos e se volva a revisar a relación de Rosalía co teatro
e co Liceo de La Juventud.
A carta vén sumarse ás 16 coñecidas e enriquece un epistolario que debeu
ser sen dúbida moi rico e extenso. Anxo Angueira, presidente da Fundación
Rosalía e estudoso da súa obra, explica que “o repertorio de cartas que
conservamos é moi escaso, así que calquera cousa nova é importante. A
aparición deste escrito demostra que hai un caudal de correspondencia
aínda por descubrir, aínda que moita dela é seguramente xa irrecuperable”.
O estudo de Anxo Angueira demostra “ata certo punto a autonomía de
Rosalía [a respecto de Murguía] e que con toda seguridade mantiña
relacións autónomas. Aínda que a relación é entre Murguía e Villaamil,
Rosalía ten un xesto de amabilidade e de querer abrir esa relación ao
conxunto desas dúas parellas”.

Eis o texto da carta:

Castro (Rosalía)
Murguia no está en casa y me tomo la libertad de contestar
á la atenta de V, diciéndole que aun que no voy nunca al teatro
tengo entendido que en esta poblacion se estila mas ir a cuerpo que
con sombrero o mantilla, ya sea a palco o luneta aun cuando en
una forastera todo esta admitido.
Tan pronto venga Murguia que no debe tardar, le hare presente la
atención de V. y el le dará en persona las gracias y la respuesta.
Tengo la satisfaccion de ofrecerme con esto su servidora
y de demostrarle mi sentimiento, por no haber podido visitar á su
apreciable Señora a quien se servira hacer presente mis respetos,
contando V a si mismo con una servidora y amiga.
QB S M
Rosalia Castro de Murguia

No texto sorprende asemade a afirmación de non ir nunca ao teatro nunha
persoa que foi actriz amadora tanto de moza coma de casada. “Se cadra o
que se ofrecía no Teatro Principal daquel tempo non era do seu interese”,
aventura Angueira, que tamén indica que a misiva demostra que “en 1860
continúa coas súas relacións co Liceo de la Juventud”.
A cuestión do chapeu e da mantilla non é tampouco baladí. Subliña Angueira que non é unha cuestión só de moda, senón política: “A mantilla está ligada ao tradicionalismo e o sombreiro á apertura e ao afrancesamento. Ela mesma sempre foi a pelo, nunha acción ideolóxica moi clara”.
Número 4 de Follas Novas O número 4 da revista de estudos rosalianos Follas Novas tamén ofrece en varias das súas seccións unha homenaxe a Carvalho Calero, un dos grandes estudosos da vida e da obra rosalianas, entre outros artigos asinados por Teresa López, Xurxo Martínez ou Victorino Pérez Prieto, entre outros.

Revista de estudos rosalianos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.