Encontro entre o rexedor de Boiro e a conselleira do Mar para abordar cuestións relativas ao municipio

20 Febreiro 2020

Na tarde de onte produciuse unha xuntanza de traballo entre o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañados do edil de Emprego e Industria, Marcos Fajardo, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez. O obxectivo deste encontro radicaba en trazas liñas de colaboración e proxectos comúns entre ambas Administracións.

O mandatario local presentoulle á titular de Mar unha serie de propostas que se queren levar a cabo no municipio, tanto a curto coma a longo prazo, e que se poden implantar coa cooperación entre Concello e Xunta de Galicia.

Outro dos temas a abordar foi o do furtivismo. O rexedor trasladou a preocupación da veciñanza no que respecta a esta problemática. Pola súa parte, Rosa Quintana explicou cales son os medios e mecanismos dos que dispón a Consellería para actuar neste senso.

Así mesmo, falaron sobre a oferta formativa na localidade. En canto a isto, o alcalde expresou o interese por potenciar a relacionada cos sectores produtivos do mar, tales coma a acuicultura e o marisqueo, contribuíndo así á súa profesionalización e mellora da empregabilidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.