Emprego local para que os concellos galegos contraten a 1.800 persoas desempregadas

02 Febreiro 2020

A Xunta abriu o prazo de solicitude de tres programas que suman 16M€ e que permitirán que os concellos galegos poidan contratar, este ano, a máis de 1800 persoas desempregadas. En concreto, trátase das convocatorias
correspondentes a persoas receptoras da Risga, Aprol Rural e persoas desempregadas para o desenvolvemento de obras e servizos de interese xeral e social. Estas iniciativas, xunto con outros programas que se activaron desde que comezou o ano e que favorecen a contratación en concellos, suman preto de 55M€.
Así, a Xunta destina este ano un total de 7,7M€ para a contratación de persoas perceptoras da Risga, apoio do que se poderán beneficiar un total de 165 concellos ou agrupacións de municipios. O obxectivo é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato laboral que será
subvencionable durante 9 meses.
Por outra parte, Aprol Rural conta cun orzamento de 7M€ para a contratación de 600 persoas desempregadas en 270 municipios galegos para a realización de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Terán prioridade os concellos fusionados e os emprendedores. Como novidade con respecto a
anteriores edicións, os concellos rurais de menos de 2000 habitantes poderán contratar a persoas que xa fosen contratadas por un período igual ou superior a 9 meses con cargo a axudas concedidas no ano 2019 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no eido da colaboración coas entidades locais e sen ánimo de lucro. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo.
Por último, o Goberno autonómico inviste 1,5M€ para apoiar en 185 concellos galegos a contratación de 500 persoas sen emprego para a realización de obras ou servizos de
interese xeral e social co obxectivo de proporcionarlles experiencia e práctica profesional que permita a súa inserción. Os contratos serán de tres meses -no caso de que sexan a tempo completo- ou de seis meses para os de tempo parcial.
Estas medidas teñen como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas participantes, así como apoiar a integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o Comunicación da Consellería de Economía, Emprego e Industria San Caetano, s/n – 15704 Santiago de Compostela
Tel.: 981 545 544/46/65 e 881 995 367 – Fax: 981 544 948
Correo-e: cei.comunicacion@xunta.gal
mercado laboral galego.

Enmárcanse na Axenda20 coa que a Xunta pretende crear máis e
mellor emprego de calidade na Comunidade e completan outras iniciativas que se están activando neste primeiro mes do ano e que favorecen a contratación nos concellos galegos.
É o caso dos obradoiros duais de emprego, no que se invisten 23,2M€ para beneficiar a 1400 persoas; o novo programa para a formación e contratación de 300 menores de 30 anos (7M€); as axudas para a contratación de orientadores laborais, ás que se destinarán 6,7M€
ou os Programas Integrados de Emprego, cun orzamento específico para os concellos de 1,66M€.

Oficina de Emprego

Outros artigos

Sábado 8, intervalos nubrados e algún chuvasco illado

Este sábado,8 Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, o que deixará unha xornada de ceos con intervalos nubrados e a posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional, especialmente no noroeste durante as primeiras horas do día. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.