Detido un veciño de Araño por un suposto delito de rouba con forza

06 Febreiro 2020

A Policía Local de Rianxo informou da detención, na mañá deste 6 de febreiro, dun veciño da localidade por ser o presunto autor dun delito de roubo con forza na xornada previa na parroquia de Araño, no concello rianxeiro. Segundo informaron os funcionarios da Policía Local, a persoa a cuestión, de 54 anos, posúe antecedentes policiais.

No intre da súa detención o home atopábase no centro urbano da vila rianxeira. Fóronlle atopados máis de 200 euros e diversas sustancias estupefacientes.

A continuación, os axentes procederon á instrución das dilixencias policiais oportunas, e, posteriormente, foi trasladado a dependencias da Garda Civil de Rianxo á espera da súa posta a disposición xudicial ante o Xulgado de Garda de Padrón.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.