Degustación de doces típicos do Entroido da man do alumnado do obradoiro Hostalería Boiro III

21 Febreiro 2020
Durante o transcurso do almorzo ofrecido no Nadal

O alumnado do obradoiro de emprego Hostalería Boiro III organiza para o venres 28 un evento gastronómico con motivo do Entroido. Así, o local multiusos do mercado municipal acollerá unha degustación de doces típicos destas datas, a partir das 11.00 horas.

Esta actividade enmárcase no programa do referido taller que o alumnado realiza no centro de formación e viveiro de empresas situado no polígono industrial de Espiñeira, recibindo unha formación dual que une teoría e práctica.

O obradoiro de emprego Hostalaría Boiro III comezou no mes de outubro e conta coa participación de 16 persoas, 8 na especialidade de Operacións Básicas de Cociña e outras 8 na de Operacións Básicas de Restaurante Bar. Ademais, este curso atópase cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo (FSE), sendo promovido polo Concello boirense.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.