Comezan as obras de pavimentación entre as rotondas de Amas de Casa e de Padín, en Ribeira

18 Febreiro 2020

O tramo viario comprendido entre as rotondas de Amas de Casa e de Padín, ambas situadas na fachada marítima de Ribeira, está sendo obxecto desde esta mesma mañá dos labores de pavimentación.

Esta actuación está financiada por Portos de Galicia  en virtude do convenio subscrito o pasado 6 de novembro entre a súa presidenta, Susana Lenguas, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz.

Desde o Concello manifestan que, coa recente remodelación do paseo do Malecón e este asfaltado, tan só quedará a proxectada reforma do paseo das Carolinas, a cal inclúe tamén a pavimentación do parque García Bayón, do que xa se renovou o seu parque infantil. Deste xeito, completarase a renovación integral da fachada marítima. A este respecto, cómpre lembrar que, en relación á obras das Carolinas, estase á espera da súa adxudicación definitiva.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.