Portos de Galicia pavimentará un tramo viario de Ribeira

06 Novembro 2019

A nova presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, asinaron esta tarde un convenio de colaboración que permitirá a execución dunha obra que sirve como complemento a outras dúas intervencións sobre a fachada marítima da cidade, coma son a executada remodelación da avenida do Malecón e a reforma do paseo das Carolinas, actualmente en proceso de contratación.

A citada actuación comprende a pavimentación do tramo de vía situado entre a rotonda de Amas de Casa para o acceso a porto e a rotonda de Padín, comportando un investimento de 41.796 euros, financiados con cargo ao orzamento de Portos de Galicia para 2019.

Manuel Ruiz expresou o seu agradecemento e desexou que “sexa o principio de moitas veces que veñas a dar boas noticias ao sector a Ribeira.” Así mesmo, afirmou que se percibe unha mellor comunicación, pois “a proba máis evidente é a súa presencia hoxe aquí e que, no curto espazo de tempo que leva como presidenta, creo que tamén se ven eses pasos hacia moitas das demandas do sector”, reflexándose, segundo precisou, nos presupostos ou mantementos, entre outros aspectos.

Pola súa parte, Susana Lenguas manifestou que a principal misión do ente que representa é atender aos portos da actividade pesqueira e portuaria, sendo conscientes da convivencia coa cidade, polo que “canta mellor sintonía, moito mellor a actividade pesqueira e o desenvolvemento da cidade.” Ademais, apuntou ao esforzo por parte de Portos de Galicia para “mellorar a xestión e dar unha resposta máis rápida.”

A sinatura do acordo tamén incluí unha visita ás instalacións da lonxa acompañados polo xerente da rula, Fernando Carreira, e o patrón maior de Ribeira, José Antonio Pérez, entre outros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.