“As Pegadas do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe” en Boiro o mes de febreiro

07 Febreiro 2020

A “Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe”
presentou en Boiro a mostra itinerante “As Pegadas do Camiño de
Santiago do Barbanza. A Orixe” que se poderá visitar ata o 26 de febreiro na Casa da Cultura Ramón Martínez López.
Esta mostra, comisariada por Antonio González Millán, reflicte, por
medio das fotografías tomadas por Adolfo Enríquez Calo, as evidencias
históricas da ruta xacobea entre Corrubedo e Santiago de Compostela, un
percorrido que foi presentado no pasado mes de decembro. A exposición
mostra as imaxes da recuperación do camiño terrestre que vai desde Ribeira a Santiago, un traballo de varios anos para poñer en valor as pegadas da tradición xacobea no Barbanza.
A exposición itinerante que agora está en Boiro inaugurouse en Ribeira,
estivo pasou pola Pobra do Caramiñal e expoñerase tamén nas localidades de Rianxo, Dodro e Padrón. Está enmarcada no programa O Teu Xacobeo,
promovido pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Na inauguración da mostra “As Pegadas do Camiño de Santiago do
Barbanza. A Orixe” estiveron presentes o alcalde de Boiro, José Ramón
Romero, o presidente da Asociación Amigos do Camiño, Manuel Mariño Nin e o comisario da mostra, Antonio González Millán, a concelleira de Cultura, María Outeiral, o teniente de alcalde, Luís Ruíz, e a xerente da mancomunidade, Irene Maneiro.

O comisario da mostra Antonio González Millán e o alcalde de Boiro durante inaguraciónd a mostra
Inaguración da mostra As Pegadas do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.