Arousa Norte loce gastronomía en Xantar 2019

05 Febreiro 2020

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte está presente un ano máis na feira gastronómica Xantar, en Expourense, o prestixioso e referencial salón do turismo ligado á hostalería, á nosa cociña e aos nosos produtos típicos. Así nolo lembrou hoxe a entidade que aglutina aos catro concellos da vertente sur de Barbanza (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo), poñendo o foco na importancia de promover a gastronomía comarcal nun escaparate culinario-turístico tan concorrido como do Xantar, onde se fará un especial esforzo por visualizar o destino de Arousa Norte e os seus produtos estrela.

A Mancomunidade acode a Xantar (que se celebra dende este mércores 5 ao 9 de febreiro) coa seguinte axenda de actividades:

• Degustación de produtos gastronómicos da ría e pratos tradicionais de Arousa Norte: do 5 ao 9 de febreiro de 2020 ás 13.00 h no stand de Arousa Norte.

• O Bateeiro en Arousa Norte: mércores 5 de febreiro.

• O Dorneiro en Arousa Norte: xoves 6 de febreiro.

• Valle Inclán en Arousa Norte: venres 7 e sábado 8 de febreiro.

• Castelao en Arousa Norte: e domingo 09 de febreiro.

Showcooking de Arousa Norte con demostración en directo do menú peregrino: sábado 8 de febreiro de 19.15 a 20.15 horas, amenizada por Eva Iglesias no papel de Xubilada (pendente de confirmación).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.