Aberto o proceso selectivo para a contratación en Boiro de sete auxiliares de policía

13 Febreiro 2020

O Concello de Boiro vén de convocar un proceso selectivo para a contratación laboral de sete auxiliares de Policía Local durante un período de seis meses. Este mércores 12 de febreiro abriu o prazo de presentación de solicitudes.

Segundo informou o Executivo, o proceso ten o obxectivo de mellorar o servizo durante a época do ano, a que coincide con primavera, verán e comezos de outono (a partir de Semana Santa), en que a poboación do concello se incrementa co fluxo de turistas e de residentes que regresan á súa terra dende os seus traballos noutros lugares, co que se teñen unhas necesidades de cobertura policial que non se teñen noutros meses do ano.

Os contratos de traballo serán de laboral temporal e o sistema de acceso é mediante oposición libre.

O Goberno local engade que as persoas interesadas en presentarse á convocatoria teñen que cumprir unha serie de requisitos recollidos no Estatuto Básico do Empregado Público e mais concretamente de Coordinación de Policías Locais de Galicia, tal e como se recolle nas bases. As solicitudes presentaranse mediante instancia no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ou na sede electrónica (boiro.sedelectronica.gal) ata o vindeiro 25 de febreiro de 2020. As bases da convocatoria e o modelo de instancia está á disposición dos interesados na portería da Casa Consistorial ou na páxina web do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.