ABE celebra o 14 de febreiro cunha campaña de homenaxe ás parellas máis famosas (e singulares) da historia

07 Febreiro 2020

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) vai celebrar o 14 de febreiro, Día dos Namorados, cunha orixinal e creativa campaña de promoción do comercio local e de proximidade. Segundo informa a ABE, trátase de que a cidadanía renda a súa particular homenaxe ao amor e participe facendo un pouco de memoria buscando parellas ilustres da historia, sexan o diversas, rechamantes e innovadoras que sexan. Por exemplo, Batman e Robin, Dalí e Lorca, R2D2 e C3PO, Bonnie e Clyde, Romeo e Xulieta, Jagger e Richards ou Thelma Lois. Do que se trata, polo tanto, é de que as e os boirenses contribúan á iniciativa coa súa parella favorita.

Esta é a base da campaña da San Valentín da ABE que dende o 7 ao 14 de febreiro estará en marcha para os clientes dos negocios asociados a ABE.

Para participar soamente hai que entrar nas redes sociais Facebook ou Instagram da ABE e buscar o post do concurso onde debemos comentar a publicación indicando a túa parella favorita.

Entre todas e todos os participantes sortearase, o 14 de febreiro, un vale de 100 € para utilizar en calquera dos 101 establecementos participantes na campaña (comercio, hostalería e servizos). Así mesmo, ao longo da campaña iranse desvelando, a través dos ditos espazos nas redes sociais, información e curiosidades das parellas máis celebres.

A información da campaña está nos establecementos participantes, na web e redes sociais da ABE e os post podemos localizarlos de maneira doada baixo o cancelo #parellasilustres.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La idea de D Trump sobre Irak” – Manuel Domínguez

“La idea de D Trump sobre Irak” – Manuel Domínguez

Para no alargar mucho la guerra, que no suceda lo de Putin con Ucrania, está pensando en trocear el país, deshacerlo como estado y crear 10 mini estados, así está armando a los kurdos para combatir y generar una guerra civil. Una guerra civil en la que participarán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.