A Policía Local de Rianxo tramitou durante o Entroido tres atestados por delitos contra a seguridade viaria

27 Febreiro 2020
Cedida por Policía Local de Rianxo

Entre o 21 e 26 de febreiro, a Policía Local de Rianxo participou, dentro do plan de coordinación operativa de seguridade viaria de Galicia, xunto coa Agrupación de Tráfico da Garda Civil, nunha campaña de control e vixilancia especial polo Entroido en diversas estradas do municipio.

Neste senso, controláronse un total de 60 vehículos, detectándose 5 infraccións administrativas relativas a documentación de vehículos, condutores e á condución baixo os efectos de alcohol e drogas.

Así mesmo, tramitáronse 3 atestados remitidos ao Xulgado de Garda de Padrón por delitos contra a seguridade viaria, sendo investigados os condutores. Concretamente, 2 correspóndense con perda total de puntos, mentres que 1 con quebrantamento de condena ao ter retirado o seu titular o permiso ata o 2021 por sentencia xudicial firme.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.