A Escola de Música de Rianxo enfía o remate do inverno cun obradoiro infantil e un concerto polo Día da Muller Traballadora

24 Febreiro 2020

A Escola de Música de Rianxo afronta a recta final do inverno con dúas relevantes actividades, unha delas de vertente formativa e outra musical e conmemorativa. Respecto da primeira, trátase dun Obradoiro Musical para crianzas de catro e cinco anos e cuxo prazo de inscrición remata este 26 de febreiro.

O taller desenvolverase entre marzo e xuño todos os venres con horario de 17.00 a 18.00 horas, no Cuartel Vello de Rianxo. O prezo é de 25 euros. As persoas interesadas en asistir ao obradoiro poden solicitar información ou realizar a inscrición a través do teléfono 671 058 555 ou da conta de correo escolademusicaderianxo@gmail.com.

Respecto da outra actividade prevista, trátase dun concerto convocado para celebrar o Día da Muller Traballadora. No recital participarán diversas agrupacións (ensembles) da Escola de Música de Rianxo. A cita será o sábado 7 de marzo ás 19.00 horas no Auditorio Municipal, véspera da dita conmemoración mundial (oficialmente o 8 de marzo). Tanto unha actividade como a outra veñen da man da Escola de Música en colaboración co Concello, contando co apoio económico da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.