A Deputación investirá case 225.000 euros en varias actuacións no municipio de Boiro

24 Febreiro 2020

A Deputación da Coruña investirá 85.787’27 euros nas obras de renovación das beirarrúas de acceso á praia de Barraña, en Boiro. O proxecto, que vén da saír a licitación pública, será financiado ao 100% con fondos do Plan Único (POS+2019).

A intervención focalizarase na beira sur da avenida de Compostela, no tramo que discorre fronte ao pinar do estuario do río Coroño, onde, tal e como manifestan, as beirarrúas actuais presentan un estado importante de deterioro. Ademais, trátase dunha zona que rexistra unha afluencia importante de persoas, tanto polo acceso ao centro de ensino coma pola conexión de praia, parques e estuario do río.

Así, efectuarase a renovación completa dun tramo duns 300 metros de beirarrúas, que terán un ancho medio de 3 metros e serán totalmente accesibles, sen bordos nin resaltos, permitindo un percorrido seguro para tódalas persoas, especialmente para aquelas con limitacións de mobilidade. As obras incluirán a instalación de novo alumeado LED para ofrecer mellor visibilidade e reducir o consumo eléctrico e a construción dunha nova rede de pluviais, separada do saneamento, que garanta unha recollida axeitada da auga da chuvia. O Plan Único tamén destinará 139.000 euros a obras de pavimentación e renovación de firmes en diversas estradas e camiños municipais. Os proxectos executaranse nos lugares de Pomar do Río, Cadarnoxo, Carboeiro, Enseño, Cures, Coroño, Cabo, Cespón, Treites e Graso. Segundo explican, este último tramo presenta problemas de seguridade viaria cando se producen chuvias debido ao deterioro das redes pluviais, polo que se dotará á

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.