A Deputación da Coruña explica en Rianxo e Ribeira as liñas abertas no seu Plan de Emprego Local (PEL)

27 Febreiro 2020

Os nosos concellos están a dar pasos relevantes en materia de eAdministración (un estado de cousas no que a gran maioría dos procedementos, xestións, comunicacións e tramitacións coa cidadanía poderán facerse e resolverse online) e en materia de emprendemento e investimento innovador. Cara a estes obxectivos diríxense iniciativas como o proxecto PEL-Concellos da Deputación da Coruña, (que se está a desenvolver estes días en Rianxo e que inclúe medidas para impulsar a dixitalización das entidades locais da provincia e a comunicación electrónica coa cidadanía) e máis PEL Emprende Investimento e PEL PEME, tamén lanzados pola entidade provincial.

Co fin de favorecer o máximo achegamento destas iniciativas á cidadanía, a Deputación puxo en xogo unha rede de axentes dinamizadoras para atender en persoa á veciñanza e ás entidades asociativas.

En Rianxo

Este mércores que vimos de deixar atrás unha axente do PEL-Concellos estivo dispoñíbel na Aula de Informática do Auditorio de Rianxo para resolver as dúbidas que as asociacións e a veciñanza teñan sobre a sede electrónica (e os mecanismos de comunicación electrónicos coas administracións) e a plataforma Subtel para solicitar subvencións á Deputación da Coruña. Tamén clarificou cuestións relacionadas cos servizos electrónicos das administracións, certificados electrónicos, etc.

A cita de Ribeira

No que respecta a Ribeira, acollerá o 12 de marzo unha xornada informativa gratuíta impartida por un técnico da Fundación Ronsel. Con horario de 12.00 a 14.00 horas, a actividade inclúe no seu programa Liña PEL Emprende Investimento (axudas para contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables, con prazo aberto para a presentación de solicitudes desde o 20 de febreiro); Liña PEL PEME Creación e Ampliación (axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas, con prazo aberto para a presentación de solicitudes desde o 21 de febreiro); e Liña PEL PEME Mantemento (axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas, con prazo aberto para a presentación de solicitudes desde o 21 de febreiro).

As persoas interesadas en asistir, poden formalizar a inscrición a través do enderezo electrónico orientacionriveira@riveira.com (indicando nome e apelidos, localidade de residencia e teléfono de contacto); do teléfono 981871497 e de xeito presencial no propio viveiro de empresas.

Outros artigos

Santos Oujo dimite do Ateneo Valle-Inclán

Na tarde deste domingo o presidente do Ateneo de Riveira, Santos Oujo Bello, comunica a súa decisión de dimitir da Asociación. ORDEN DEL DÍA REUNIÓN EXTRAORDINARIA DEL ATENEO DE RIVEIRA. 28/04/24. 20:00 horas en 1ª convocatoria. 20:30 2ª.1.- Lectura y aprobación del...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....