O viveiro de empresas de Ribeira acollerá unha xornada informativa sobre o Plan de Emprego Local da Deputación

26 Febreiro 2020

Despois da publicación o pasado 12 de febreiro no BOP da convocatoria de axudas PEL 2020 dentro do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, o viveiro de empresas de Ribeira ofrecerá o 12 de marzo unha xornada informativa gratuíta impartida por un técnico da Fundación Ronsel.

Con horario de 12.00 a 14.00 horas, a actividade inclúe no seu programa Liña PEL Emprende Investimento (axudas para contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables, con prazo aberto para a presentación de solicitudes desde o 20 de febreiro); LIÑA PEL PEMES Creación e Ampliación (axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas, con prazo aberto para a presentación de solicitudes desde o 21 de febreiro); e Liña PEL PEMES Mantemento (axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas, con prazo aberto para a presentación de solicitudes desde o 21 de febreiro).

As persoas interesadas en asistir, poden formalizar a inscrición a través do enderezo electrónico orientacionriveira@riveira.com (indicando nome e apelidos, localidade de residencia e teléfono de contacto); do teléfono 981871497 e presencialmente no propio viveiro de empresas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.