XV Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño en Aguiño

12 Xaneiro 2020

Do 17 ó 19 Xaneiro de 2020 a parroquia ribeirense de Aguiño celebra a XV Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño. A cita será a próxima semana cunha proposta que está pensada para todas e cada unha das persoas que conforman a parroquia de Aguiño, os que viven nela e os que por diversas circunstancias se atopan lonxe fisicamente. A semana cultural conmemora o pasamento do párroco don Francisco Lorenzo Mariño e quer que se sintan reflectidos nas actividades todos os grupos de idade, por elo, programa eventos onde grandes e cativos terán un espazo que ocupar.

Dende a directiva agradecen a todas as persoas, empresas, entidades e institucións a colaboración prestada o longo de todos estes anos, xa que sen eles a andaina non sería posible; concretamente nesta edición á asociación Barbantia colabora para organizar a Xornada Cultural que abre esta programación e nesta ocasión está dedicada ao pintor Manuel Ayaso, un aguiñés ilustre, socio de honra desta entidade dende 2009 e recoñecido con numerosos galardóns a nivel nacional e internacional entre os que destaca o dar nome á Casa da Cultura do noso pobo.

Entrevista con Manuel Ayaso publicada no número 4 de O Barbanza

Venres 17 de Xaneiro

Conservatorio- Aula de Música de Aguiño, ás 20:30 h

Xornada Cultural:
Manuel Ayaso.
Pintor único e aguiñense ilustre.
Conferencia a cargo de Manuel Cartea. Presidente de Barbantia.
Proxección dunha curta documental.
Pastor Rodríguez, director do Museo do Gravado de Artes e realizador do filme.
Inauguración da XV Semana Cultural FLM:
Elvira Pisos Arnoso Presidenta da Asoc. Francisco Lorenzo Mariño
Manuel Ruiz Rivas Alcalde de Riveira
Actuación do grupo de canto e pandeireta “As sete linguas” da AFLM de Aguiño “As 7 linguas” da asociación Francisco Lorenzo Mariño xurde en Aguiño no outono de 2017 tendo a súa estrea no III Festival Son´s en Aguiño celebrado no 2018 e continuando coa súa actuación na Mostra de Música Tradicional organizada polo Concello de Riveira nese mesmo ano, ademais de actuar no IV Festival Son´s en Aguiño ou no espectáculo É o amencer de Bailadela no Nadal pasado.
Da man da profesora Manola Valiño interpretan distintas pezas da música tradicional galega e son un orgullo para a nosa asociación.

Sábado 18 de Xaneiro
Ofrenda Floral e Lectura de Manifesto.
Cemiterio de Porto do Son, ás 17:00 h.
Acompañará un grupo de gaitas do País.

Misa do XVI Aniversario Igrexa do Carme de Aguiño, ás 19:30 h

Espectáculo a cargo do Grupo de Teatro Disfunción Contínua da Estrada:
“DÚAS PORTAS E UN SEGREDO” Conservatorio-Aula de Música de Aguiño, ás 20:30 h.

Dúas portas e un segredo é unha delirante comedia na que o asasinato se
converte no tema central dunha disparatada historia que de seguro entreterá
aos espectadores e provocará as gargalladas en moitos momentos. Cristina,
unha autora teatral de éxito, terá que facer fronte á terríbel descuberta de que as súas vellas e adorábeis tías son en realidade unhas psicópatas perigosas.
Os demais membros da familia tampouco se salvan: o seu tío está
completamente tolo e a súa irmá é unha asasina sanguinaria buscada pola
policía. Cristina terá que buscar unha solución inmediata, posto que o segredo de familia que acaba de descubrir non se pode ocultar por máis tempo.
Mentres, o seu mozo, ignorante da complicada situación, desespérase
agardando por ela. Trátase dunha elaborada trama en que a situación se vai complicando cada vez máis cun ritmo rápido e con escenas disparatadas, confusións, malentendidos e diálogos divertidos e enxeñosos. En definitiva, un texto caótico na aparencia, pero pensado para non dar un só descanso ao espectador.

Elenco: Clara Iglesias (Amparo), Sara Andújar (Comisaria Aguirre), Alejandro Picallo (Napoléon), María Porto (Consolación), Natalia Carbajal (Cristina), Manuel Rosende (Mariano), Beatriz del Río (Isabel) e Rosa López
(Iolanda). Son e iluminación: Miguel Ares. Recomendada para maiores de 12 anos! Dirixe: Jouse García * Duración: 75 minutos.

Domingo 19 de Xaneiro
Conservatorio-Aula de Música de Aguiño, ás 18:00 h

CONCERTO INFANTIL e FAMILIAR PAKOLAS “As parábolas de Pakolas”.
Paco Cerdeira (Músico, Compositor e Produtor) leva dedicándose ao
público infantil dende fai 15 anos como membro de Mamá Cabra, do
que participou nos seus traballos durante mais dunha década sendo
eixo principal dos seus espectáculos.
No ano 2014 forma a súa propia banda de música infantil e nace así
A Gramola Gominola, editando o seu primeiro traballo en 2015. Crea
cancións para un proxecto musical totalmente diferente ao visto ata
ese momento, tendo como eixe central o Rock and Roll, explorando
e mostrando moitos estilos da música contemporánea ligados ao
rock e sendo unha proposta didáctica para os máis cativos da casa.
No ano 2017 edítase “Cancións para Desafinar” con nominacións na
categoría de música infantil nos Premios Martín Códax en 2016 e

  1. O seu primeiro traballo en solitario, “Pakolas” (2017), é un libro-disco publicado pola Editorial Galaxia, que conta co respaldo do Colexio
    Profesional de Logopedas de Galicia (CPLGA).
  2. Duración: 60 minutos. Facebook AFLM Twitter AFLM. Entrada de balde a todos os actos!

Outros artigos

Incendio nunha vivenda na parroquia de Artes, no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro  foron alertados esta mañá dun incendio que afectou a unha vivenda na parroquia de Artes, no concello de Ribeira. O foco inicial do lume foi iniciado dun deshumificador que ardeu e afectou a unha habitación,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...