Xa está aberta a matrícula para os exames libres dos títulos de mariñeiro, patrón de pesca e patrón costeiro polivalente

28 Xaneiro 2020
Student in class having an exam in school

Este 27 de xaneiro a Consellería de Mar abre o prazo de matrícula para os exames ordinarios e libres de acceso ás titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente. Os exames teóricos e prácticos realizaranse no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico (Vigo), na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e máis na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. O prazo de matriculación pecha o 28 de febreiro (inclusive).

Segundo informa a Consellería, a convocatoria e demais documentación precisa para concorrer a estas probas está publicada na súa web en formato PDF.

No caso da titulación de mariñeiro pescador, o exame teórico-práctico será o día 16 de abril nos tres devanditos centros formativos dependentes da Xunta. Isto é aplicábel tamén ás titulacións de patrón local de pesca (sección máquinas), con data da proba o vindeiro 20 de abril, e de patrón local de pesca (sección ponte e común), coa celebración do exame o 21 de abril. Por último, as probas para a titulación de patrón costeiro polivalente (sección máquinas) serán o 22 e 23 de abril e de patrón costeiro polivalente (sección ponte) terán lugar o 27 e 28 de abril.

A Consellería engade que as persoas interesadas en participar nas probas terán que cumprimentar a solicitude que figura como anexo II da Orde do 31 de xullo de 2014 e cumprir as condicións de acceso para as titulacións. O modelo de solicitude está dispoñíbel na Guía de Procedementos e Servizos en https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos. Mar explica que as solicitudes é preferíbel que se presenten por vía electrónica pero tamén poderán tramitarse en soporte papel ou formalizarse directamente nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os aspirantes.

Logo do remate do prazo de solicitude de inscrición, farase pública a listaxe provisional dos aspirantes admitidos e excluídos na páxina web da Consellería do Mar e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro, dando un prazo de 10 días hábiles para que os excluídos poidan emendar as deficiencias.

Outros artigos

Arrinca a campaña da centola en Galicia cun forte ritmo de descargas

O número de embarcacións dedicadas á centola, o Grove conta con 50, seguido de Testal-Noia (60), Bueu (57), Santa Uxía de Ribeira (53), Cambados (49), Cangas (42), Camariñas (35), Fisterra (29), Ferrol (26) e A Coruña (25). A conselleira do Mar destaca no Grove o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cómo tratar al peregrino”. José Fernández Lago

“Cómo tratar al peregrino”. José Fernández Lago

Esta mañana, a las 9, comenzaba en el Hostal de los Reyes Católicos un Congreso, que continuará mañana y pasado hasta las 2 de la tarde en la Facultad de Filosofía. Se trata de un encuentro de estudiosos -buena parte de ellos miembros de número de la Academia...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.