Tres saídas programadas para coñecer o patrimonio natural da Pobra

22 Xaneiro 2020

A Pobra do Caramiñal continúa neste 2020 celebrando actividades relacionadas co medio ambiente, dándolle así continuidade a aquelas desenvolvidas no 2019 tales coma a Semana de Acción polo Clima ou as Xornadas Micolóxicas. Así, terán lugar eventos dirixidos tanto a persoas adultas coma crianzas. Entre as novidades figuran o inicio da campaña de compostaxe, a cal está en fase de elaboración; e saídas para coñecer a contorna.

Neste senso, A Pobra Natural contempla tres saídas que se realizarán da man do biólogo Miguel A. Conde Teira para comprender os diversos ecosistemas -coma as dunas, as brañas e a serra- presentes no municipio pobrense. A primeira visita será ás dunas da Corna e da Gamusiña, programada para o 26 de xaneiro. O periplo contempla ir ata A Illa, cunha parada na praia da Lombiña, outra na punta da Corna, unha terceira nun extremo do areal, e unhas últimas na parte de Ribeira e en Caíños. Despois procederase a regresar polo camiño interior á Illa. Perséguese así coñecer os valores botánicos e faunísticos das dunas da Corna e a importancia da presenza de arribazón no litoral. Tamén se quere identificar algunha das especies de plantas exóticas invasoras que poden chegar a destruír estes ecosistemas. Ademais, haberá tempo para indagar algo máis sobre as cunchas e a xeoloxía do lugar.

Posteriormente, o 16 de febreiro efectuarase unha ruta guiada polas Xunqueiras do Caramiñal e outras zonas húmidas do concello. Desta maneira, posibilítase saber algo máis sobre a relevancia que teñen na biodiversidade as zonas onde se mestura auga doce e salgada, así como coñecer a necesidade da presenza de charcas e pozas no conxunto dos ecosistemas.

Por último, convídase a unha ruta guiada pola serra do Barbanza, prevista para o 15 de marzo. Unha oportunidade para adquirir coñecementos sobre a flora e fauna alí existente, incluíndo visita á Casarota do Foxiño.

Os interesados nestas saídas deberán formalizar previamente a súa inscrición no enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal ou no teléfono de contacto 981843280 -marcando a extensión 2008-, pois o límite de prazas estipúlase en 20 persoas. Será necesario levar calzado cómodo e os menores de 12 anos deberán ir acompañados. O lugar de encontro será fronte á praza de Abastos, con hora de saída establecida para as 09.45 horas e cada actividade contará cunha duración aproximada de catro horas. En caso de chuvia intensa, cancelaranse.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...