Ricardo de Barreiro recala este venres en Boiro co seu espectáculo poético A+A

28 Xaneiro 2020

O actor e escritor Ricardo de Barreiro (Merelle, Lousame, 1974) anda estes días na súa terra facendo unha homenaxe á poesía en si mesma e a todas as expresións artísticas que poden ser combinadas felizmente coa escrita. Primeiro na Biblioteca de Rianxo (o día 24), logo na Casa da Cultura de Outes (o 25) e agora, este venres, no Centro Social de Boiro (o 31 de xaneiro).

O fío temático da xira por estes concellos é a presentación da A+A, unha performance poética que é unha viaxe en dúas etapas: comeza sendo a presentación dun audiolibro para internarse de cheo nas páxinas do mesmo.

Máis en detalle, a intervención A+A narra a historia de “dous peixiños autodidactas aprendendo a amar, dous seres anónimos que deciden contar a súa propia historia anónima de amor”. A sesión,un espectáculo-viaxe para público adulto, ten unha duración aproximada de unha hora e quince minutos, e artéllase como dixemos en dúas partes: unha primeira parte na que, “de xeito informal e distendido”, se explica o porqué e o como se fixo este audio-caderno de artista, e unha segunda parte na que, despois de apagar todas as luces do espazo, faise unha lectura dos poemas de A+A dun xeito “intimista e emocionante”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.