Ricardo de Barreiro estará en Rianxo, Outes e Boiro coa súa performance A+A

20 Xaneiro 2020

O actor e escritor barbanzán Ricardo de Barreiro (naceu en Merelle, no concello de Lousame, no 1974) andará este mes moi preto da súa terra de orixe para presentar o seu poemario A+A, que será dado a coñecer nun triángulo xeográfico cuxas puntas están constituídas pola Biblioteca de Rianxo (o día 24 deste mesmo mes), a Casa da Cultura de Outes (o 25) e o Centro Social de Boiro (o 31 de xaneiro). Todas as citas serán ás 20.30 horas agás a de Outes, que está prevista para as 20.00 horas. Segundo fai saber o artista na súa web, A+A é unha performance-viaxe pola marea “máis suxestiva e bravía”. Ou sexa, polo amor.

A experiencia, na que xa teñen participado arredor de 900 mariñeiras e mariñeiros da poesía (o entregado público dos seus espectáculos), narra a historia de “dous peixiños autodidactas aprendendo a amar, dous seres anónimos que deciden contar a súa propia historia anónima de amor”. A performance-presentación, un espectáculo-viaxe para público adulto, ten unha duración aproximada de unha hora e quince minutos, e artéllase en dúas partes: unha primeira parte na que, “de xeito informal e distendido”, se explica o porqué e o como se fixo este audio-caderno de artista, e unha segunda parte na que, despois de apagar todas as luces do espazo, faise unha lectura dos poemas de A+A dun xeito “intimista e emocionante”.

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.