RIA busca os modelos económicos do futuro no pasado dos nosos concellos

20 Xaneiro 2020
Presentación do laboratorio nunha imaxe do Concello de Porto do Son

Este pasado venres celebrouse en Porto do Son, na sede do Concello, unha nova e ambiciosa iniciativa da Fundación RIA que coordina e impulsa David Chipperfield, o prestixioso arquitecto inglés afincado en Corrubedo. O proxecto non é outro que o Laboratorio Ecosocial do Barbanza e comparte, como indica no seu nome, boa parte do ideario e obxectivos das propostas previas da fundación: pór en valor os tesouros ambientais, paisaxísticos, arquitectónicos, culturais, tradicionais e sociais de Barbanza para acadarmos novas cotas de riqueza social e produtiva dende a filosofía do sustentábel.

Segundo se fixo saber no acto, trátase dun proxecto apoiado por grandes e relevantes entidades: conta con financiamento da Fundación Banco Santander e está impulsado pola Fundación Rede de Innovación Arousa (RIA) en colaboración coa Universidade de Santiago a través do grupo Histagra, contando co respaldo da Cátedra Juana de Vega.

En termos concretos, o laboratorio diríxese a artellar propostas xurdidas da confluencia entre tres elementos que nos tocan de preto: a ecoloxía, as actividades agrícolas e innovación. Como dixemos antes, o proxecto afunde as súas raizames no coñecemento antergo que atesouramos en relación coas actividades produtivas primarias (o agro, o mar) para atopar aí, nesa tradición, respostas para un futuro de riqueza e de respecto polo medio natural. Para isto, propiciarase a colaboración entre axentes de desenvolvemento, grupos de investigadores, empresas innovadoras, comunidades, asociacións e entidades locais.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza desenvolverase até o 2021 na biorrexión do Barbanza que comprende aos municipios e ás comunidades de montes en mancomún de Rianxo, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Lousame, Porto do Son e Dodro.

A iniciativa abrangue dúas fases de actuación: unha de investigación e outra de actividade na que se leven á práctica os achados que se atopen na primeira etapa. Na primeira pescudarase na tradición agrícola e rural para atopar fórmulas susceptíbeis de responder ás demandas presentes. Ao abeiro disto, desenvolveranse tres estudos ligados á comarca, directos, participativos dende o punto de vista cidadá, flexíbeis e abertos. A primeira fase tamén inclúe un atlas de aproveitamentos sustentábeis.

Na segunda fase materializaranse os chamados “Proxectos Semente”, accións sustentadas sobre as investigacións previas con dotación económica de seu.

O proxecto, para fortalecer a súa vertente feita dende o social e para o social, fomentará a participación da veciñanza do Barbanza con distintas canles dixitais de comunicación, como por exemplo un blog que no que se lanzará cada pouco información de actualidade sobre a historia e as posibilidades dos concellos da comarca, sobre as novidades do laboratorio e sobre as accións que estea previsto desenvolver. Na bitácora tamén se publicarán os resultados das diferentes investigacións. Amais do blog, habilitaranse espazos en Facebook e Instagram para o mesmo fin.

O acto

Na cita do venres, dando conta das liñas principais do laboratorio, participaron (entre outros) Manuel Rodríguez, representante de RIA, Álvaro Ganado, da Fundación Banco Santander, e Lourenzo Fernández, investigador do grupo Histagra. Este último fixo saber que o proxecto comezará collendo corpo en tres lugares concretos da comarca, nos que se traballará especialmente: as comunidades de Baroña (Porto do Son), Froxán (Lousame) e Brañas de Laíño (Dodro).

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.