Os obradoiros Raposiñas e Wooding vanse a Formex (Estocolmo) a lucir talento local

14 Xaneiro 2020
Un detalle do proceso creativo seguido polo equipo de Raposiñas

Os obradoiros Raposiñas Cerámica Feita de Vagar (A Pobra do Caramiñal) e Wooding (Boiro) están entre os integrantes da embaixada galega que participa no prestixioso encontro de decoración Formex, que se celebra estes días en Estocolmo (Suecia). Na experiencia, impulsada pola Fundación Artesanía de Galicia, concorren medio cento de profesionais do sector galego, mostrando as súas destacadas creacións (cerámica e bonecas de trapo, coma no caso de Raposiñas e Wooding, aínda que tamén hai téxtil, porcelana, papel, vidro, pezas de coiro, olería, ilustración ou xoguetes de madeira) nun mercado tan puxante como o nórdico, historicamente un referente do interiorismo, o deseño, a artesanía e a decoración.

A presenza da fundación na capital sueca é unha tradición que se remonta a 2013. Desta volta, a proposta dos obradoiros integrantes da expedición galega pon o foco na “creación de ambientes baseados no produto artesán e nos que a artesanía tradicional combínase con produtos contemporáneos”.

Na cita, que se celebra até o 17 de xaneiro, Raposiñas está a facer gala das súas importantes contribucións en cerámica, un ámbito creativo onde apostan polo sustentábel, o sensitivo e a constante busca do punto onde mellor se entenden os polos opostos: o moderno e a tradición, o útil e o decorativo. O equipo de Raposiñas, un obradoiro cerámico rural situado na aldea Lomba da Pobra do Caramiñal e que se adscribe a Artesanía de Galicia, está formado por Loaira Pérez, Martiño Hortas, Abelardo P. Santiago e Ismael Pérez.

Polo que se refire a Wooding, é unha plataforma boirense de artistas que elaboran bonecos personalizados. Puidemos coñecer parte do seu interesante traballo na Factoría das Raíñas (o mercado artesanal de Boiro) que abriu as súas portas na localidade o pasado Nadal.

Outros artigos

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

+

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.