Os emigrantes retornados do Barbanza manteñen a súa loita

29 Xaneiro 2020

A pesar da chuvia e como veñen facendo cada mes desde hai 6 anos, a Plataforma de Emigrantes Retornados do Barbanza congregouse esta mañá diante da delegación de Facenda de Ribeira, para despois manifestarse polas rúas da cidade ata a praza do Concello.

O voceiro da plataforma, Xosé Deira, apuntou que actualmente teñen “moitas esperanzas” en que o Goberno central lle dea solución ás súas reivindicacións. Neste senso, referiuse ao acordo asinado entre o BNG e PSOE; ademais de que a actual ministra de Traballo, Yolanda Díaz, lles comunicara o seu apoio nun encontro celebrado en Ferrol pouco antes de Nadal, polo que agardan que este respaldo se materialice, pero que mentres isto non suceda, continuarán manifestándose.

Tamén sinalou que, desde o sistema xurídico, están tendo tódolos meses sentencias a favor dos retornados, especialmente, dos de Alemaña, así como recoñecéndoselle a minusvalía a algúns dos emigrantes, pero “a desgraza é que hai que ir mediante os avogados e pola vía xurídica.”

Así mesmo, anunciou que este sábado manterán en Vilagarcía unha reunión para trasladarlle as súas demandas a Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso; Ana Miranda, voceira do Bloque en Europa; e Monste Prado, parlamentaria da formación nacionalista.

Na plataforma intégranse ao redor de 300 afectados de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo; aos que hai que sumar os compoñentes da existente na área Muros-Noia, composta por un mínimo de 150 persoas, segundo precisou o seu representante, Juan Patiño.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.